miércoles, 13 de junio de 2012

COMUNICADO DE PRENSA DE RADIO FILISPIM


ESTAIS TODOS INVITADOS

 XII SESIÓN VERMÚ do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM.
O vindeiro sábado 16 de xuñoColectivo Opaií! – Rádio FilispiM, levará a cabo a súa XII Sesión Vermú, dende as 12:00 até as 15:00h, na traseira do Mercado de Caranza en Ferrol.
Como xa é tradicional, durante a XII Sesión Vermú deste sábado, se emitirá un programa de radio especial, coas voces de todos os programas desta grella  e a actuación do grupo folc da comarca Alén de Ancos, que participará na vindeira edición do Festival de Ortigueira. AdemáIs haberá pinchos filispinianos para acompañar o delicioso vermú, e mesmo a  presentación das novas camisolas de Rádio FilispiM.
Durante o programa especial, os 22 programas de produzón propia que se emitiron na grella 2011/2012, avaliarán como ten sido o curso radiofónico, que agora remata.
Outros 15 programas de produzón allea, [podcast independentes ou mesmo doutras radios libres de Galiza, do Estado e do mundo, ademáis dos contrainformativos  Más Voces e Democracy Now]completaron a programación da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Caranza. Así, máis de 37 espazos radiofónicos diferentes se emitiron semalmente na grella 2011/2012 de Rádio FilispiM.
Canto a produzón propia, a programas xa consolidados coma "Diagnóstico Positivo", "O Recuncho", "Divertimento para pequenos monstros", "Atenta!", "Sin Fronteras", "O Souto", "Chocolate por la noticia",  "Leña Dura DF", "Caleidoscopio", "Aquilo que vibra", ou "O Programa do Colectivo Opaíí!", sumáronse outros novos, até completar un total de 22 programas de produzón propia: "Música, surf y medioambiente", "En Tránsito", "Ferrolterrap", "A Fábrica da Luz", "La Hora de la Almádena", "O Pinchacarneiro", "Sonido Emergente" ou "Harmónicos nas Ondas".
As temáticas dos programas de produzón propia foron ben diversas: medio ambiente, surf, músicas alternativas, saúde, SIDA, contrainformación, literatura xuveníl, permacultura, inmigraciónA implicación  dos colectivos da comarca e persoas radio-apaixoadas da comunicación libre e comunitaria, coa Rádio FilispiM, ten crecido exponencialmente nesta grella.
Por outra banda, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, contou esta grella coas súas primeiras e propias Aulas de Formación en Técnicas de Rádio-difusión básicas, co fin de mellorar a cualidade dos espazos radiofónicos que se emiten.
Rádio FilispiM, é unha radio do Terceiro Sector da Comunicación,  autoxestionada, sen ánimo de lucro e que non emite ningún tipo de publicidade, e que transmite dende agosto de 2005 para a nosa Comarca no 93.9 FM e para todo o mundo vía streaming en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Grazas pola difusión; ficades convidadas a un Vermú!
Xúntase cartaz.
--


OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://www.ustream.tv/channel/filispina
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [baixos do mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]